estás aquíPremios Agamac - 1ª Edición 2009

agamac banner
agamac banner

Premios Agamac - 1ª Edición 2009


Premios AGAMACO xoves día 4 de xuño reuniuse o tribunal constituido para conceder o “I premio AGAMAC a proxectos de mecanización agraria”.

O premio que concede AGAMAC, “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica”, a proxectos de mecanización agraria redactados por Enxeñeiros titulados na Escola Politécnica Superior de Lugo, entregouse o día 9 de xuño. AGAMAC, promoveu este evento baixo o lema “adaptar as máquinas ao rural”, tendo en conta que un dos seus obxectivos é fomentar a simbiose e sirnerxia entre a máquina o home e o seu entorno.  

Cabe destacar a boa resposta á convocatoria, presentándose oito candidaturas, cuns traballos de excelente calidade, e que encaixan na idea dunha nova agricultura, con capacidade para alimentar ao mundo “coidando a terra”, e fomentando o emprego, moi en consonancia cos obxectivos de AGAMAC.

O tribunal estivo constituido por:

  • Marcos Vázquez Marey, Enxeñeiro Técnico en Mecanización Agraria, Presidente de AGAMAC, con voz pero sen voto, debido ao trato tido cos candidatos previa á presentación dos proxectos.
  • Baldomero Parada González, delegado de ventas de Tractor Import, A Coruña (Massey Fergunson e Fendt), Alejandro Sánchez Piedracoba (Enxeñeiro Técnico Agrícola, de Comercial Fraver, Lugo, e Benigno Ruiz Nogueiras, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, como socios representantes de AGAMAC.
  • Manuel Marey Pérez, Doutor Enxeñeiro de Montes e Xosé Manuel Pereira González, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, como representantes da Escola Politécnica Superior.
  • Xavier Vidal Parés, propietario de MOMA  Editorial (revistas MOMA agri e MOMA farm), Luis Márquez Delgado, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, director técnico da revista AGROTÉCNICA.
  • Ignacio Ruiz Abad, Enxeniero Agrónomo, Secretario Xeral de ANSEMAT, Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes.
  • José Ángel Burgo Rodil, Enxeñeiro Agrónomo, Xefe dos Servizos Técnicos Agrarios da Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, departamento territorial de Lugo, José Fernando Piñeiro Díaz, Concelleiro de Infraestructuras do Concello de Lugo.
  • Armando Rey Rodríguez, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, e  Javier Cancela Barrios,  Delegado en Lugo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

Premios AGAMACO acto de entrega, celebrouse na sala de xuntas da Politécnica o martes día 9 de xuño ás 13:00 horas, nun acto aberto ao público, ó que asistiron:

  • O gañador do Premio que foi: “Estudio técnico clavadora de estacas con alimentador”  de Iván Raposo Injerto.
  • Tódolos membros do tribunal.
  • O Alcalde do Concello de Lugo, D. Xosé Clemente López Orozco.
  • Director da Escola Politécnica Superior de Lugo, D. Javier Bueno Lema.
  • Vicerrector de Coordinación del Campus de Lugo Sr. D. Carlos Herrero Latorre.
  • Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dª. Raquel Árias Rodríguez.
  • Xefe do departamento territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, D. Ramón Carballo Páez.
  • D. Angel Jove González, Presidente da Fundación Jorge Jove, Vicepresidente da FEVA (Federación Española de  Vehículos Antiguos), e Vicepresidente de Anjoca, que fará unha aproximación á valorización do patrimonio de automoción histórica, e a o proxecto de creación do museo de automoción histórica en A Coruña.

Premios AGAMACDespois desta entrega oficial de premios, AGAMAC invitou a un xantar aos membros do tribunal e ós responsables das entidades que representan no Mazo de Santa Comba. Seguidamente houbo unha visita á colección de Maquinaria Agrícola Clásica da Casa de Vázquez de Trasliste, Láncara.

Por todo o exposto, e en vista do interés espertado no sector, cuia base puido ser a valentía dunha ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO  a organizar un evento deste tipo, en época de recesión económica, para estimular a importancia de crear unha nova agricultura capaz de xerar alimentos e emprego, queda anunciado o “II Premio AGAMAC a proxectos de mecanización agraria”, que se outorgará para o ano 2011.

 

Máis información:

Cartel do I Premio AGAMAC

Bases do I Premio AGAMAC

Acta da decisión do tribunal

Listado de traballos presentados