estás aquíRuta Miño Eo en Tractores Clasicos

agamac banner
agamac banner

Ruta Miño Eo en Tractores Clasicos


By agamac - Posted on 08 May 2017

Ruta Miño-Eo en Tractores Clasicos.

 

Dende AGAMAC estase a colaborar coa ruta do Miño-Eo que organiza o Concello de Meira e que se celebrará o vindeiro fin de semana, máis concretamente o domingo 14 de maio.

Co motivo desta colaboración, AGAMAC vai realizar a ruta en tractores clásicos, para elo contaremos con tractores dos socios da comarca así como outros que traerán socios de diferentes zoas de Galicia. Esta ruta tamén se pode facer a pé ou de acompañante dun tractorista.

Para os socios e non socios que queiran participar será necesario poñerse en contacto coa asociación co gallo da loxistica,  para participar será necesario anotarse previamente. Dita anotación terá un custe de 10 euros para todas as persoas (sexan socias ou non), e en dita cantidade vai incluído un bocadillo  a media maña para repoñer forzas, así como o xantar que constará de Tortilla e Churrasco.

A ruta dará comezo ás 8 da maña e terá previsto rematar sobre a 17 horas.

Para inscribirse, xa que e imprescindible,  podedes facelo a traves dos medios que dispón esta asociación, así como no teléfono: 618 679 632 o no enderezo electrónico turismo@concellodemeira.com.

Dende AGAMAC  desexamos que sexa do voso agrado xa que se trata dunha ruta que transcorre por zoas de alto valor paisaxístico e realizada por unha gran xente.

 

 

imagen del cartel de la ruta