estás aquíPresentación do documental "O camiño Real en tractor"

agamac banner
agamac banner

Presentación do documental "O camiño Real en tractor"


By toni - Posted on 16 Decembro 2014

Desde a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, cuio lema é "Coidamos da terra" e cuio fin último é "aumentar a autoestima do traballador do rural", temos o pracer de convidalo/a á presentación do documental titulado "O camiño Real en tractor", cuio proxecto, pretende recuperar a forza dun camiño premedieval para dinamizar e promover os valores agronómicos, culturais e paisaxísticos dos territorios por onde pasa, que neste caso son os Concellos de, Pedrafita, As Nogais, Triacastela, Láncara, O Corgo e Lugo.

O documental contou coa colaboración da fundación Tic, da Deputación de Lugo, e a presentación farase o vindeiro día 23 de decembro de 2014, ás 20:00 h, no salón de actos da Deputación de Lugo.

Encantaríanos contar coa súa presencia. Se poden, por favor, comuniquen a asistencia, chamando por teléfono a Marcos (619 389 069), neste correo electrónico, ou, no correo: vazqueztrasliste@hotmail.com.