estás aquíPeregrinación a Montserrat en tractor de época ( 18 de abril de 2010)

agamac banner
agamac banner

Peregrinación a Montserrat en tractor de época ( 18 de abril de 2010)


By agamac - Posted on 15 April 2010

Coma sempre, para aumentar a autoestima do traballador do medio rural, e  usando como reclamo a maquinaria agrícola clásica, AGAMAC apoia a "ASOCIACIÓN D´AMICS DEL TRACTOR D´ÈPOCA DEL BAGES" , que organiza a primeira peregrinación da historia en tractor de época ao Mosteiro do Montserrat (http://www.tractorclassic.org/Actualidad/Peregrinage_a_Montserrat-id52.html). A comitiva galega estará composta por seis representantes de AGAMAC, entre eles o seu presidente (Marcos Vázquez Marey), acompañados dun  singular vehículo agroforestal do 1936: unha carroceta OM, do restaurador e socio de AGAMAC, Antonio Álvarez Gegúndez. 

AGAMAC, agarda estar o sábado día 17 de abril para ultimar preparativos e o día 18, domingo, peregrinar dende Sant Pedor ata Montserrat, por terras barcelonesas.
 
Este evento enmárcase dentro do programa de actividades do 2010, das que temos posto en marcha un programa de cooperación coa Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do Emprego;a mellora na xestión do parque de vehículos históricos agrarios en colaboración coa consellería do Medio Rural, ao abeiro do programa Renove de tractores e a colaboración na creación do Museo da Historia e a Automoción na Coruña.

Temos tamén previsto a realización da III Peregrinaxe en tractor a Santiago de Compostela  e o I Salón Internacional de Maquinaria Agrícola Clásica en Lugo, ademais da visita a fábrica de John Deere en Madrid.