estás aquíPresentación do Libro da Ruta Miño-Eo

agamac banner
agamac banner

Presentación do Libro da Ruta Miño-Eo


By agamac - Posted on 10 Xullo 2017

O vindeiro venres 14 de Xullo as 21:30, en colaboración co concello de Meira AGAMAC presentará o libro da Ruta Miño-Eo que veu de realizarse no mes de maio do presente ano.

A presentación terá lugar no salón de plenos do concello de Meira e realizarase de maneira dixital para que tódolos asistentes poidan ver o seu contido, contido o cal se xerou e maquetou por AGAMAC e a Fundación Jorge Jove.

Neste acto tamén poderá reservarse o libro en formato impreso para a súa colección a un prezo de 15 €. Se algún socio non pode asistir ao acto o calquera persoa interesada en mercar o libro poderá facelo a través da oficina de turismo de Meira ou ben no email da asociación AGAMAC.

Tamén contarvos que despois da presentación realizarase unha cea de confraternización nun local de Meira. Todos os que desexen asistir a cea deben reservar.

Recordar aos socios que os libros da ruta do Camiño Real poden recollelos no Desguace agrícola de Sabarei.

Un Saudo.

Cartel Informativo do Acto.