estás aquíPrimeira subida en tractor clásico ó monte de S. Sebastian (Silleda, Pontevedra)

agamac banner

Primeira subida en tractor clásico ó monte de S. Sebastian (Silleda, Pontevedra)


O 24 de Agosto 2011, a delegación Pontevedresa de AGAMAC, encabezada polos socios Manuel Iglesias Pérez, José Ramón Iglesias Canda e Jesús Sánchez García (de Silleda), organizou a primeira subida en tractor clásico o monte do S. Sebastian en Silleda ( Pontevedra) aproveitando que se celebraba a romeria do mesmo nome. Participaron 25 tractores fabricados entre o ano 1959 e 1979, e despois tuvemos un xantar de confraternidade, feito que esperamos repetir en vindeiros anos.

Para AGAMAC o feito de que se realicen actividades deste tipo por todo o territorio, descentralizada dos orixes da asociación, significa que a mensaxe de mellorar a autoestima do traballador do rural, usando como motivo un dos estandartes das explotacións agrícolas, o tractor e as máquinas agrarias, vai calando no mundo rural. Así mesmo tamén se detecta un crecente nivel na calidade das conservacións deste patrimonio arqueolóxico industrial agrario.